Navegar

TURISMO FLUVIAL en GALICIA

A paisaxe da RS dende o Rio MIño a mellor perspectiva

O NOSO BARCO

É un pequeno catamarán para 11 pax + patrón, seguro e cómodo.

Ademais do seu motor de combustión de 150 CV, utiliza propulsión eléctrica, o que o converte no primeiro barco híbrido que transporta pasaxeiros na Ribeira Sacra, unha iniciativa medioambiental que, ademais de non contaminar, ten a vantaxe de non xerar ruído, isto permite percibir todos os sons e sensacións que ofrece a paisaxe e a natureza das beiras do río Miño.

O noso catamarán conta con todas as medidas de seguridade requiridas pola Mariña Mercante para o transporte de pasaxeiros en augas continentais. Adecuado para o transporte de nenos a partir de 0 anos e persoas con mobilidade reducida, tamén ten dúas portas para o embarque de pasaxeiros tanto na proa como a babor.

Contamos con todos os permisos, seguros e títulos establecidos pola lei para realizar as actividades que ofrecemos.

Lamentamolo, pero non se admiten mascotas a bordo, excepto os cans guía.

RIO MIÑO

Sacra Activa fai os paseos en catamarán polo río Miño, na cola do encoro dos Peares, onde hai máis de 24 km navegables, unha ruta que atravesa os municipios de Chantada, O Saviñao, Pantón e Carballeda, todos na provincia de Lugo. Os Peares, cuxo nome tamén leva o encoro, é unha pequena vila que pertence a 2 provincias , 4 concellos e onde o Miño atópase co Sil.
O paseo en catamarán pola Ribeira Sacra permíte percibir a paisaxe desde o medio do río cunha perspectiva diferente. Os viñedos, as súas terrazas desde o cumio para tocar as augas, bosques frondosos e autóctonos de varias especies, así como aldeas ao pé do río, illas, igrexas, incluso,posiblemente, un dos lugares máis sorprendentes e máxicos de a Ribeira Sacra, a fervenza de Augacaida.
Aínda que esta ruta en barco é menos coñecida polo gran público que as dos catamaráns do Sil, unha das imaxes máis asociadas á Ribeira Sacra, o meandro “O CABO DO MUNDO”, faise precisamente neste lugar.



reservas

- O Noso Barco -

O CATAMARAN HIBRIDO de Sacra Activa distínguese pola súa SEGURIDADE,COMODIDAE E ELGANCIA.¡¡ Ven a gozar !!

Camiñar polo rio.





Navegar Tours Adega Curiosidades en RS Prezos Contacto Opinións dos viaxeiros FAQS