Tours · BARCO+ADEGA

Enoturismo a pie de Rio

Ir a tomar viños en barco.

Ir a tomar viños en barco.


 MIÑO + ECOSACRA

Esta experiencia combina unha viaxe en barco e unha visita á adega Ecosacra, que se atopa á beira do río Miño, na pintoresca localidade chantadense de Pincelo. A duración total da viaxe en barco máis adega é de 2 horas e 30 minutos. O embarque faise dende o peirao da emblemática vila de Belesar, seguramente un dos pobos máis fermosos de toda a Ribeira Sacra, polo que pasa o Camiño de Santiago, o Camiño de Inverno. Navegando ata os viñedos da Finca Millara en Pantón e de volta, bordeando o meandro do Cabo do Mundo, faise unha parada no peirao da Bodega Ecosacra, onde se visitará esta tradicional adega con máis de 300 anos de antigüidade. que se fixo unha restauración con moito coidado. Desfrutaranse 2 viños, polo menos un, froito da viticultura sostible practicada por Sacra Activa, acompañado de produtos locais. Unha vez contempladas as espectaculares vistas que ofrece o enclave de Ecosacra e saboreado os viños e exquisitos manxares da zona, seguiremos cara a Belesar para regresar ao punto de partida.

Saídas: Desde o peirao da Deputación de Lugo en Belesar.

Horario
Ata o 30 de Xuño: fins de semana ás 11:00 e ás 17:00 horas e os Xoves ás 11:00 horas.

Do 1 de xullo ao 15 de setembro todos os días agás os martes ás 11:00 h e ás 18:00 h.

Outono do 16 de setembro ao 3 de Novembro Fin de semana ás 11:00 e ás 16:30 horas e os mércores ás 11:00 horas.

Resto de días consultar.
 

Duración: 2 horas e 30 minutos. Inclúe: Paseo en barco e Visita á Adega ECOSACRA con degustación de 2 viños ou outros petiscos acompañados de produtos locais.

Prezos: Adultos: 42 € de 5 a 17 anos: 25 € Menores de 5 anos: Gratuíto.

Mínimo: Actividade realizarase sempre que haxa un mínimo de seis persoas 24 horas antes da súa realización. En caso contrario, avisarase o día anterior de que a saída non terá lugar e o diñeiro será inmediatamente devolto.

Nota  : Aceptamos cans, lea as normas na paxina principal.

 

Detalle gráfico

Logotipo Sacra Activa



Nos Tours Adega Galería Prezos Contacto Opinións dos viaxeiros
Kit Digital
Whatsapp