Adega

¿COMO ERAN AS ADEGAS NO PASADO?.

UNHA AUTENTICA ADEGA DA RIBEIRA SACRA

UNHA  AUTENTICA  ADEGA DA RIBEIRA SACRA



A nosa adega era unha "adega da Garda", agora para gozar comendo e bebendo, levaba 14 anos completamente abandonada e tendo máis de 300 quixemos facer nela unha restauración exemplar e conseguímolo grazas ao traballo do artesán local Fernando Ibarra, especialista en etnografía da zona.
 As “adegas de garda” estaban orientadas ao norte para a mellor conservación do viño, ademais, neste caso está semi enterrada, de tal xeito que parte das súas paredes están feitas de rocha viva do monte.
A súa situación é privilexiada a só 20 metros de Miño,un lugar cheo de paz e natureza cun miradoiro propio desde o que se poden contemplar formidables vistas do canón do río, viñedos e bosques ...mellor compróbalas.
A adega conta cunha zona de degustación, desde a que se poden degustar viños,de elaboración propia ou outros feitos en Galicia, especialmente da Ribeira Sacra. E se queres mercar viño, transformamos unha enorme e antiga cuba de madeira nunha tenda. Goza do enoturismo doutro xeito!

Nota : A adega solo pode visitarse polos viaxeiros que contraten o servicio de paseo en barco mais visita a adega.Non esta aberta o gran publico.

 



- Sostenibilidade -

Detalle gráfico

Logotipo Sacra Activa



Nos Tours Adega Galería Sostenibilidade Prezos Contacto Opinións dos viaxeiros
Kit Digital
Whatsapp