Tours · PASEO PRIVADO EN BARCO

TURISMO FLUVIAL NA RIBEIRA SACRA

RUTAS PRIVADAS e a MEDIDA.

PASEO EN BARCO
Toda a experiencia faise para un grupo pechado de persoas, onde non haberá ninguén alleo, familia,amigos,compañeiros de traballo... é PRIVADO
O paseo en catamarán farase baixo demanda,cunha duración minima de duas horas e media, sen un itinerario fixo. A saída realízase normalmente desde O Saviñao, aínda que tamén pode ser desde Pantón.Surcase o Miño  por  catro concellos,Chantada, O Saviñao, Pantón e Carballeda, bordeando o meandro "Cabo do Mundo", a famosa foto da Ribeira Sacra, esa imaxe que todo o mundo pensa que está no río Sil , disfrutando ao pasar a famosa praia fluvial de A Cova, bosques frondosos e autoctonos, viñedos, igrexas, illas, etc. A continuación, faise unha parada imprescindible,na fervenza de AUGACAIDA en Pantón, un dos maiores atractivos do conxunto da Ribeira Sacra, un lugar especial ao que se accede dende o río, percorrendo un camiño durante 5 minutos, un lugar difícil de describir debido á súa singularidade e beleza.
Recoméndase roupa cómoda ,non esquecer o traxe de baño e dependendo da temperatura do día algo de abrigo xa que a sensación térmica no río é sensiblemente menor.

 

Saídas do Embarcadero Diputación en Belesar.

Horario: Polas mañás a concertar, pola tarde consultar dispoñibilidade.

Duración: Dúas horas e media.

Inclúe: Bebidas a bordo.

Prezo: 290 € máximo 11 pasaxeiros

Nota: Ao formalizar a reserva deberá aboar o 50% do prezo 145€, o resto o día da actividade. (Dispoñemos de TPV)

 

Vivencias naturais





Nos Tours Adega Galería Prezos Contacto Opinións dos viaxeiros